" />

O PP tilda os orzamentos municipais como “decepcionantes, inflados e imprecisos”

O voceiro popular, Ramón Carballo, explicou que os primeiros orzamentos do bipartito son “decepcionantes” xa que “non van dinamizar a economía local porque rebaixan os investimentos e disparan os gastos correntes”. Carballo detallou como a suma dos gastos correntes (51,86%) e dos gastos de persoal (24,71%) representa o 81,57% dos orzamentos fronte ao 10,42% que se destina a investimentos reais.

O voceiro popular tamén puxo de manifesto que os orzamentos do PSOE-BNG de Lugo son uns presupostos que non blindan os servizos públicos senon que fomentan as externalizacións matizando como “o PSOE e o BNG consolidan nos orzamentos a política de privatización que nos últimos 20 anos fomentaron dende concello desmantelando servizos públicos para externalizar traballos. Así se demostra na partida que aparece para traballos realizados por outras empresas e que ascende a 32.547.821,63 €”.

Carballo tamén criticou que as contas municipais sexan virtuais porque inflan os ingresos. O voceiro popular explicaba como nos orzamentos para o 2020 fan unha previsión de ingresos por taxas e impostos que están fóra da realidade xa que “siguen incrementando as partidas cando na liquidación do pasado exercicio non alcanzaban, nin de lonxe as previsións. Esto é unha proba máis de que non se axustan á realidade. Tamén engadía que o que figura como ingresos do Estado (17.397.000 €) é unha cifra ficticia porque o goberno ainda non está constituído. O voceiro popular tamén destacou “o ridículo grao de compromiso da Deputación Provincial co Concello xa que en relación ás transferencias correntes a partida é de 10.347 € e de tranferencias de capital 750.000 €. Son irrisorias ambas cantidades e poñen en evidencia o pasotismo da Deputación co municipio lucense”.

Pola súa banda, Antonio Ameijide tamén puxo de manifesto que é “desilusionante e pouco crible” para os veciños que no Plan de investimentos para 2020 aparezan obras que xa tiñan que estar feitas hai anos como a da praia fluvial ou o desdobramento de Duquesa de Lugo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo