O PP trasladará ao pleno as protestas veciñais do carril bici e esixirá a paralización da obra

O PP tómalle a palabra ao goberno local e “dado que hoxe afirma que estudará todas as peticións que lle fagan chegar os veciños relativas ao carrilbici” anuncia que presentará unha iniciativa ao pleno na que “pedimos a Méndez e Arroxo que paralicen as obras ata que se ofrezan alternativas para o aparcamento de vehículos á veciñanza do entorno e se busquen solucións”.

O voceiro do Grupo Popular explicou que “se ben a posta en marcha dun carrilbici é a priori unha acción positiva, ata aquí todos estamos dacordo pero, ás veces, obras ou iniciativas que poderían supor unha mellora na calidade de vida dos veciños tórcense e convérterse nun problema”.

O noso grupo “co ánimo de presentar propostas que sirvan para corrixir defectos ou erros das iniciativas que o bigoberno vén de pór en marcha” elevará este iniciativa para debatir no vindeiro pleno co obxectivo “de buscar un consenso e de dar resposta á crecente presión veciñal que nas últimas semanas activouse con varias recollidas de sinaturas simultáneas en contra do deseño dos carrís bici no barrio da Residencia, en Marqués de Ombreiro e na Ronda do Carme”.

Por útlimo o popular chámalle á atención que os socialistas comparen esta infraestructura coa peonalización que fixo o PP no casco histórico “utilizan a demagoxia para minimizar a presión veciñal que está anoxada polas formas, o deseño e a falta dun consenso para executar este carril bici”. O Grupo Popular lamenta a actitude á defensiva coa que traballa a diario o equipo de goberno que “é incapaz de facer autocrítica e de ter un mínimo de empatía cos centos de veciños afectados por esta nova infraestructura”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com