O PP urxe a abrir Lugo ao río unindo os paseos do Miño e Rato

O Partido Popular critica que os socialistas desaproveiten os cursos fluviais do Miño e o Rato ao seu paso pola cidade para consolidar un gran parque periurbano continuo en Lugo. O voceiro popular do Concello, Antonio Ameijide, e a deputada provincial Mari Teijeiro cuestionaron a xestión do PSOE en relación co impulso do anel verde de Lugo lamentando que “nos tres mandatos que leva o PSOE no goberno do Concello e na Deputación non fixo nin un só metro cadrado para completar e ampliar o cinto verde da cidade”.

Os populares matizaron que “seguimos cos mesmos problemas de sempre: un trazado cortado á altura de Arias Nadela; problemas de mantemento dos camiños e o mobiliario; falta de iluminación; falta de ideas para crear zonas
seguras para os ciclistas e os peóns …” .

O Plan estratéxico que propón o Partido Popular e que se presentará como iniciativa conxunta en Deputación e Concello contempla tres eixos baseados no río Miño como vertebrador de espacios seguros de ocio, deporte e esparcimento.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo