O Presidente da Deputación, Gómez Besteiro, nomeado socio de honra de ASPNAIS

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, foi nomeado este sábado socio de honra de ASPNAIS, a Asociación de Pais e Titores de Persoas con Discapacidade Intelectual de Lugo.

A Xunta Directiva desta asociación lucense decidiu, por unanimidade, outorgarlle este distintivo ao Presidente da Deputación pola súa colaboración e sensibilidade coas familias que forman este colectivo.

Gómez Besteiro agradeceulle a todas as familias da asociación “este grande recoñecemento” e destacou que “quero recoñecer o traballo constante e impagable que facedes dende  ASPNAIS, sobre toda na época na que estamos a vivir, chea de recortes e dificultades”. Nesta liña, o presidente  valorou que “a pesares deste contexto, vós sodes capaces de atender as necesidades de 137 familias de 22 Concellos da provincia, feito que conta con toda a miña admiración”. Pola súa banda, José Reigosa valorou que “a persoa de José Ramón Gómez Besteiro recibe o distintivo de socio de honra por unanimidade da Xunta Directiva, co que recoñecemos o seu apoio constante e reiterado co noso colectivo”

No acto de entrega, o primeiro na historia desta asociación, ASPNAIS tamén concedeu medallas de prata ao Presidente da Deputación, ao Concello de Lugo; á Presidenta de honra da asociación, Pilar Teijeiro; á subdelegación do Goberno e á Consellería de Servizos Sociais.

O Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, lembrou tamén no acto que o organismo provincial cedeu, de xeito gratuíto, á asociación o uso do antigo hospital San José durante un prazo de 50 anos, que permitirá a esta asociación lucense de axuda a persoas con discapacidade intelectual duplicar as súas prazas e traballadores. A cesión do San José, onde este colectivo unificará todos os servizos, pon fin aos problemas de espazo e demanda.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com