" />

O presidente da Xunta promete unha vez máis en Lugo Radioterapia e Medicina Nuclar pero non se pronuncia sobre a Hemodinámica 24 horas

O Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, estivo en Lugo este sábado presidindo a convención que celebraron os populares, na Facultade de Veterinaria. De novo resaltou o ámbito sanitario como prioridade nas súas políticas, e volveu asegurar que o HULA contará con Medicina Nuclear e Radioterapia.

Do que non dixo nada foi da decisión da Xunta de non implantar a hemodinámica 24 horas na provincia.

Na quenda de discursos, o candidato do Partido Popular á alcaldía de Lugo, Jaime Castiñeira, afirmou, que “a de López Orozco é unha candidatura fraude porque sabe que non vai volver gobernar”.

Nesa liña, Castiñeira rexeitou a política laboral que veu desenvolvendo o alcalde do municipio López Orozco ao longo dos últimos 16 anos, que cualificou de “ axencia de colocación”, que se reflicte, nas súas palabras, na multiplicación de empresas que prestan servizo para a administración municipal, que pasaron de ser 13 a superar as 50 firmas.

Ainda que asistiron Elena Candia e Raquel Arias, en ningún momento se fixo referencia á posible candidata a gobernar a Deputación de Lugo, no caso de gañar os populares as vindeiras eleccións municipais. Algunhas fontes consultadas subliñaron que esa cuestión non tocaba o sábado.

@jaimecastineira

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo