O próximo luns descubriranse dúas placas con motivo do día inauguración da XLI edición da Semana de Cine

“Estas placas serven para marcar o comezo do que xa denominamos PASEO DO CINE que, polas instalacións da antiga Factoría Frigsa, vai desde a Avenida de A Coruña cara ao Auditorio municipal Gustavo Freire, Pazo do festival”, comunicaron os organizadores do evento.

A primeira das placas a colocar corresponde á homenaxe que se lle efectúa nesta edición da Semana de cine ao “gran actor lucense Antonio  Mourelos, que asistirá este día na capital lucense á presentación (17.00h.) no vestíbulo do Auditorio Gustavo Freire do libro que sobre el escribiu Manuel  Curiel, Director da Semana de Cine de Lugo”.

Con posterioridade, arredor das 18.00h., descubrirase a placa na súa honra neste Paseo que desde agora lembrará de xeito permanente a lucenses e galegos grandes do cine galego, español e mundial.

Como queira que desde o ano 2004 a Semana de cine ven  homenaxeando a persoeiros/as da sétima arte, “vaise procurar ir recuperando a memoria dos xa homenaxeados, e así por cada nova placa que se coloque das futuras homenaxes, engadirase unha das anteriores, polo que este ano, xunto coa de Antonio  Mourelos, vaise descubrir a placa correspondente a Prudencia Grifell, a gran señora do cine mexicano, homenaxeada na Semana de Cine do ano  2004, que xa ten unha placa conmemorativa na casa da Rúanova onde naceu”. Remata a información

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com