O PSdeG de Begonte vota en contra da unificación dos dous centros educativos

A Voceira do PSdeG no Concello de Begonte, Susana Ferreiro rexeitou hoxe a proposta do Alcalde do PP de unificar os dous colexios da vila, o CEIP de Baamonde e o CEIP Virxe do Corpiño, co fin de construír un conservatorio de música no CEIP Baamonde.

Durante a sesión plenaria, Ferreiro pediulle ao Alcalde que retirara ese punto da orde da dia, diante do clamor veciñal que se nega a este peche, ao que rexedor se negou. “Nós votamos en contra porque nada do alega o PP xustifica o peche dun colexio con 30 alumnos no noso concello”, advertiu.

Na súa intervención, na que non tivo turno de replica, puntualizou “que o partido Socialista está a favor do conservatorio, pero non a conta de pechar un colexio, por iso só pedimos que teña en conta a opinión dos país e as 3.150 firmas que rexeitan este peche, e que recolleron nun concello de apenas 3.000 habitantes.  Reclamamos que recapacite para poder atopar unha ubicación a este conservatorio de música e conseguir ese proxecto, pero non cun custo tan elevado para a veciñanza”.

Ferreiro tamén puxo en dúbida que o Concello de Begonte teña o compromiso da Xunta para abrir este conservatorio, e lembrou que o Grupo Parlamentario Socialista vai preguntar no vindeiro pleno do Parlamento ao Conselleiro de Educación sobre este asunto. “Ademais tamén se descoñece a día de hoxe como sería a xestión dese conservatorio ¿privado ou público?, ou pola contra vai asumir o noso concello todos os gastos de mantenemento do conservatorio e profesorado?”, replicou.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com