O PSdeG de Outeiro de Rei pide que se consensue o horario das sesións plenarias

A Voceira do PSdeG de Outeiro de Rei, Carmen Acacio demanda ao Goberno Municipal que consensúe cos grupos da oposición o horario de celebración dos plenos ordinarios. Xa que lembra que “na última sesión plenaria alongouse máis de 3 horas, non podendo escoitar as respostas do Goberno as preguntas rexistradas, nin tampouco intervir noutra moción”.

Acacio sinala que o Goberno Municipal “debe facilitar o debate e a transparencia dos seus órganos e da súa xestión, e para realizar un debate
sosegado e argumentado o tempo é crucial”, explica. Así as cousas, na moción rexistrada argumenta que “segundo o Artigo 123 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (Real Decreto 2568/1986), corresponde ao Pleno a regulación do mesmo”.

A Voceira Socialista explica que “esta situación podería terse evitado se os horarios dos plenos fosen acordados e celebrados segundo os poucos ou moitos contidos que se presentasen en cada ocasión. Por todo isto reclamamos un consenso nos horarios da celebración dos Plenos do Concello, así como estudar a posibilidade de adaptar a hora da celebración dos plenos segundo o contidos que houbese que tratar neles”, remarcou.

Nesta mesma sesión plenaria que se celebrará este venres, a Agrupación Socialista de Outeiro de Rei demanda, a través de dous rogos, varias melloras nos viais que transcorren pola vila. Concretamente reclaman unha sinal de STOP na intersección da variante LU-115 que une Outeiro de Rei con Castro de Rei, á altura de Bonxe coa provincial LU-3806; unha revisión dos puntos conflitivos que existen nas estradas municipais, así como a colocación de espellos de orientación naqueles puntos nos que a visibilidade é escasa e co fin de facilitar unha condución segura.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com