O PSdeG-PSOE de Lugo presenta a súa nova páxina web

José López Orozco, cabeza de lista da candidatura socialista á Alcaldía de Lugo, e Adrián Vázquez Fernández, secretario de formación do PSdeG-PSOE lucense e membro da lista, presentaron hoxe a renovación da web www.psoelugo.com, que en palabras de López Orozco será o “vehículo de comunicación para os medios e para que a veciñanza lucense saiba, estea onde estea, o que está acontecendo en Lugo”.

A nova web, que foi desenvolvida pola empresa Lugonet, é moi accesible polo que se adapta a tódolos dispositivos, tanto móbiles como ordenadores ou tabletas e, deste xeito, permite o acceso á información de toda a cidadanía.

Será a principal fiestra de información sobre a candidatura socialista aos comicios municipais do próximo 24 de maio. A traveso da web dará a coñecerse o programa electoral, as citas da precampaña e campaña e os vídeos de presentación das persoas que integran a lista encabezada por López Orozco; a súa gravación xa está dispoñible na web.

Ademais, www.psoelugo.com inclúe un punto específico de Transparencia, no que figura o compromiso ético de López Orozco e a súa declaración de rendas, bens e intereses.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com