O PSdG pregunta ao Goberno Central polo paso elevado que unirá O Mazadoiro co centro de Sarria

Os deputados nacionais do PSdeG-PSOE pola provincia de Lugo, Ana Prieto Nieto e Javier Cerqueiro González, presentaron no Congreso unha pregunta ao Goberno na que solicitan información sobre a prevista construción do paso elevado para peóns que comunicará o barrio de O Mazadoiro co centro urbano de Sarria, salvando deste xeito a vía do tren e permitindo unha correcta comunicación para a veciñanza.

Os citados socialistas indican que se trata dunha “demanda histórica” da veciñanza deste barrio de Sarria, que leva anos reclamado esta construción. Esta infraestrutura tamén é solicitada pola agrupación socialista da vila e foi requerida por parte de diferentes gobernos municipais socialistas. Por todo elo, os deputados Prieto e Cerqueiro decidiron preguntar ao Goberno polo proxecto da pasarela.

Para Prieto e Cerqueiro esta construción suporá “mellorar a seguridade dos residentes neste barrio da vila”, xa que “poderán salvar as vías da liña ferroviaria sen risco”. O Mazadoiro é un barrio no que o peche da totalidade da parte frontal da estación de ferrocarril limita e dificulta o acceso dos veciños ao centro da vila. Os deputa dos citados queren coñecer o orzamento da obra e o calendario de licitación e previsión de execución, para que a curto prazo se inicie e remate a tan necesitada pasarela.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Presidente Martínez /❤🇪🇸
    Feb 08, 2021 - 04:54 PM

    Certamente non recordo a un goberno mirar tanto polas infraestructuras en Lugo 👏🏼👏🏼👏🏼

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com