O PSOE afirma en San Cibrao que Feijóo só se acorda da VAC en período electoral

Os socialistas saíron ao paso do anuncio da Consellería de Infraestruturas para poñer en funcionamento o primeiro tramo da Vía de Alta Capacidade (VAC) Costa Norte entre San Cibrao e Celeiro, cualificando a proposta como “totalmente electoralista”. Licitada desde antes de entrar Feijóo no Goberno da Xunta, esta vía leva máis de oito anos practicamente paralizada, con pequenas actuacións que acostuman a coincidir en datas previas aos comicios electorais, aseguran desde o Partido Socialista

O candidato lucense do PSdeG-PSOE, Luís Álvarez, censurou a falta de implicación do Goberno Feijóo “para a mellora das infraestruturas da comarca, facendo investimentos irrelevantes na suposta ampliación do Hospital da Costa, e trampeando co anuncio electoralista do funcionamento do primeiro tramo da Vía de Alta Capacidade”. Ademais, preguntou pola residencia de Cervo, rematada no ano 2011 e aínda sen poñer en funcionamento cinco anos despois.

Francisco Urbano voceiro socialista en Cervo, subliñou que “O magno xestor Alberto Núñez Feijóo leva moitos anos facendo promesas á veciñanza da Mariña, mentira tras mentira, engano tras engano”. “Se fora pola súa palabra, despois das últimas eleccións a VAC xa tiña que estar en funcionamento, polo que dubidamos moito que agora vaia a definitiva, tan só pensan en nós cun fin electoral”, comentou. A propósito do hospital, explicou que “aprobaron un plan director asignando unha pequena partida que non chega nin ao 2% do que se precisa para a súa ampliación, porque o único que lles preocupa é poñer catro máquinas para facer ver que algo se move”. Baixo o seu criterio, o mesmo levan feito coa residencia, “motivos máis que suficientes para que todos os cidadáns reclamen o que lles pertence e mostren a súa indignación”, rematou.

 

 

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com