O PSOE apela ao orgullo socialista para que non goberne Rajoy

O candidato socialista ao Senado, Ricardo Varela afirmou este sábado nun mitin en Sarria que si Pedro Sánchez é o vindeiro Presidente do Goberno “impulsaremos un Plan de Emerxencia Social, que inclúe un ingreso mínimo de 426 euros ao mes, para os 720.000 fogares que non reciben ningún tipo de prestación, para rematar ademais coa pobreza infantil”. Neste senso, anunciou que o PSOE “aumentará a prestación por desemprego ata os 2 anos. E aos maiores de 45 anos cobrarán ata que atopen traballo, aínda que tarden máis de 2 anos. “O PSOE reitera o seu incondicional compromiso cos sistemas de protección social. A sostibilidade do Estado de Benestar será una absoluta prioridade para un goberno socialista, tanto dende un punto de vista político, social como financeiro”, puntualizou.

Varela subliño que as vindeiras eleccións son importantes para darlle un cambio de temón a este país. “Hai que evitar a gran coalición do 2 de marzo, entre o PP e Podemos, que impediu o Goberno do cambio en España”. Ademais, advertiu que “os que pediron o voto para o cambio utilizárono para impedilo”.Por último, emprazou aos votantes socialistas a que voten ao PSOE “e non a sucedáneos”.

 Rajoy é unha hipoteca para o presente e para o futuro de todos

O eurodeputado José Blanco explicou que o único que se interpón entre o presente que temos e o futuro que a maioría desexa, son Mariano Rajoy e Pablo Iglesias. Blanco lembrou que se o 26 hai eleccións é porque Pablo Iglesias “preferiu deixar as chaves da Moncloa en mans de Rajoy en vez de abrirlle as portas ao goberno de cambio de Pedro Sánchez”, e advertiu que se o día 26 ten que escoller entre PSOE e PP, entre esquerda e dereita “volverá actuar como amo de chaves da dereita pechando as portas ao cambio”.

O eurodeputado galego apelou ao orgullo socialista ao incidir en que o PSOE sempre estivo á vangarda dos cambios sociais. “Somos o partido que protagonizou todos os grandes cambios deste país, o que fixo e ten como como causa e bandeira a protección contra a enfermidade, a extensión da educación, o coidado dos maiores; e fronte á dependencia, a loita contra toda discriminación, a defensa dos dereitos de cidadanía, a xustiza social”.

Non podemos permitir outro goberno do PP

Por último a Deputada Provincial, Sonsoles López Izquierdo remarcou que “non podemos permitir outro goberno do PP. Porque só hai algo peor que 4 anos de Rajoy, outros catro anos de Rajoy e das políticas depredadoras do PP. Durante catro anos dixémoslles que non… que non queríamos saír da nosa terra, da nosa casa, porque o goberno do noso país decidiu que aquí non había sitio para as bolsas de investigación, ou para dar un posto de traballo á que é a mellor xeración da historia”.

López Izquierdo remarcou que “din que o PSOE é partido vello, eu dígolles que somos un partido histórico. Por que non hai nada máis histórico que sacar a este país do atraso ao que levou a dereita. Cada unha das propostas que agora levan estes supostos novos partidos, é un dereito creado por un Goberno Socialista”.

 

 

 

 

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com