" />

O PSOE critican o abandono de Feijóo co peche da Oficina Agraria Comarcal de Monterroso

A Secretaria Provincial do PSdeG-PSOE Lucense, Patricia Otero manifestouse diante da Oficina Agraria Comarcal de Monterroso para criticar “o abandono de Feijoo co peche da Oficina Agraria Comarcal de Monterroso“. Alí anunciaron que están recollendo firmas coas que reclaman a reapertura deste servizo Comarcal.

Neste acto estivo acompañada polos voceiros socialistas afectados polo peche deste servizo Comarcal. Concretamente os concellos de Antas de Ulla, Portomarín, Palas de Rei, Horacio Rouco e Monterroso, Rafael García, ademais de concelleiros da Comarca e de veciños afectados por este recorte.

“Feijóo dixo que esta ía ser a lexislatura do rural, pois ben, creo que todos os lucenses podemos comprobar hoxe aquí en Monterroso como esta foi a lexislatura do abandono do rural. Esta mesma semana denunciamos a rebaixa das axudas do Plan Marco para arranxo de camiños, onde Galicia pasou dun orzamento inicial de 20 millóns de euros no 2016, ata os 6 millóns de euros actuais”, espetou Otero.

Así as cousas, a Secretaria Provincial avanzou que o Grupo Socialista defenderá unha moción na Comarca, “coa que esixe á Xunta de Galicia, que dote de persoal á Oficina Agraria Comarcal de Monterroso para atender ao todos os usuarios, reclamando así a continuidade do servizo, vital nesta contorna”. Otero explica que “tal e como se pode comprobar nas propias instalacións da Cámara Agraria da vila que permanece pechada dende fai preto de dous meses, os usuarios deste servizo teñen que desprazarse a Lugo para ser atendidos, concretamente no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia”.

Nesa liña critica que a día de hoxe “estase producindo un desmantelamento paulatino dun servizo básico para toda a Comarca que ademais, está causando graves perdas no sector agrario”. Ademais denuncian que “a falla de efectivos retrasa certificacións e trámites administrativos como poden ser plans de mellora, subvencións, ou mesmo axudas da PAC”.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Avatar
    Carlos Fernandez Peleteiro
    Feb 21, 2020 - 07:48 PM

    E para que? Si os labregos non lle fai caso ninguén. É se non ver o que está a pasar

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo