O PSOE de Chantada pide melloras no saneamento e nas traídas de auga

A Agrupación Socialista de Chantada avanzou que rexistrou unha moción, que será debatida na vindeira sesión plenaria, coa que reclaman melloras nos servizos públicos do rural da vila. Concretamente demandan crear unha Comisión de estudo dos núcleos rurais do Concello de Chantada para avaliar as necesidades máis extremas para levar a cabo obras de redes de saneamento e traídas de auga. Nesa liña piden que se reflicte nos orzamentos algunha destas obras, segundo as conclusións obtidas en dita Comisión.

O Grupo Socialista de Chantada tamén inclúe nesta proposta a solicitude de adhesión do Concello de Chantada ao convenio asinado entre AMTEGA e a FEGAMP para a mellora de cobertura de comunicacións móbiles no medio rural. Así como reclamar á Xunta e ao Goberno do Estado melloras nas comunicacións de fibra óptica nas diferentes parroquias do Concello de Chantada.

A Voceira do Grupo Socialista de Chantada, Raquel López remarcou que “temos a firme idea de que unha sociedade que avanza e progresa non pode deixar de lado o seu medio rural e os seus habitantes, pese ás dificultades e ós retos que a nosa particular situación nos ocasiona, coma, por exemplo, o atroz despoboamento que sufrimos”.

Así as cousas, López Rodríguez advirte que “dende o PSdG-PSOE de Chantada somos conscientes de que dotar destes servizos a todos os nosos núcleos rurais leva tempo, e debe realizarse de xeito paulatino. Por iso pensamos que os acordos que plantexamos nesta moción son realistas, e executalos e levalos a cabo é factible, e ao mesmo tempo demostraría que podemos comezar a dar os pasos dirixidos a fortalecer e mellorar os servizos públicos das nosas parroquias. E por suposto, suporían un paso fundamental para vivir e traballar no rural de Chantada, porque creemos que a nosa vila ten futuro”, resumiu.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com