O PSOE de Monterroso presenta unha candidatura renovada “para liderar o cambio”

O candidato socialista á alcaldía de Monterroso, Rafael García, avanzaba esta mañá os nomes das persoas que o acompañarán nos vindeiros comicios. García defendía a candidatura socialista en tan só tres palabras que representan ao conxunto, dixo, da sociedade de Monterroso: forte, sólida e interxeracional. A lista conta con auxiliares de enfermería, educadores sociais, xubilados, camareiros, construtores ou gandeiros, entre outras moitas profesións. Entre os nomes, Esther Rodríguez, David  Rodríguez, Fernando Otero ou María Isabel Vila.

Rafael García destacou que “imos presentar un proxecto para Monterroso de presente e de futuro, con políticas sumamente sociais que busquen o beneficio de todos os veciños e non duns poucos. O noso compromiso é traballar para solucionar os problemas da cidadanía, escoitándoos e xestionando ben os recursos públicos, sempre coa mirada posta no rural e nas nosas parroquias”.

O candidato socialista puxo en valor o importante labor desempeñado polo grupo municipal nesta lexislatura, especialmente o traballo do seu voceiro, Darío Rodríguez Vázquez, “do que estamos moi agradecidos e que nos serve como guía para seguir coa liña de traballo”.

A lista

  1. Rafael García Figueras
  2. Esther Rodríguez García
  3. David Rodríguez Novo
  4. Fernando Otero Gómez
  5. María Isabel Vila Vázquez
  6. Juan Vázquez Varela
  7. Noelia López Pires
  8. María Peña Viñas
  9. Rodrigo Vázquez Rodríguez
  10. María Luisa García Sánchez
  11. Oscar Novo Rodríguez
  12. Victor Castiñeira López
  13. Magali de Pinho Martínez
  14. José Luís Vázquez García
  15. Luis Rodríguez Ferreiro
  16. Begoña Gómez Cabana
  17. Tania Rodríguez Carballo
  18. José Viñas Villar

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com