O PSOE de Vilalba denuncia trato de favor á empresa dun edil popular

O Grupo Municipal dos socialistas de Vilalba critican o “trato de favor que o goberno local, especialmente o alcalde Agustin Baamonde, concedeu ao concelleiro Iván Fernández Hermida por ter efectuado obras sen o permiso requirido. A empresa de formación Grupo Forma-T, na que figura como administrador dito concelleiro, presentou unha solicitude de licencia en novembro do pasado ano para levar a cabo o proxecto técnico do centro situado no polígono industrial de Vilalba, comezando as obras sen agardar resposta dos servizos técnicos do concello “nun acto que denota a total impunidade que enarboran os representantes do Partido Popular”.

Ante esta actuación “propia do máis rancio caciquismo, e podendo observar desde fóra do recinto a posta en marcha das obras e o cartel que as identifica coa empresa de Fernández, desde o grupo socialista pedíronse explicacións na derradeira Comisión de urbanismo, celebrada o pasado 30 de xaneiro. Presentes os dous responsables destas actuacións, Iván Fernández optou por non manifestarse a sabendas do seu mal proceder, consentido polo alcalde, que participou deste despropósito encubrindo os feitos e asegurando que se pediría un informe para saber se existía a licencia para as obras”, vén de aclarar a voceira dos socialistas, Elba Veleiro.

Case un mes despois, desde o Partido Socialista afirman ter recibido “exclusivamente un silencio rotundo por parte do goberno local que non fai máis que destapar a realidade”, en clara alusión á non existencia do permiso para realizar as obras do centro de formación. “Xa non se trata só dunha desleixo de funcións por parte do alcalde, senón da súa complicidade nesta actuación irregular”, subliña Veleiro, engadindo que “non tivemos constancia de que se comprobara a licencia nos servizos técnicos do concello, pero para máis inri, decatámonos que tanto Baamonde como Fernández mentiron sen miramentos na Comisión de urbanismo”, zanxou.

O grupo do PSOE pedirá explicacións á responsable de urbanismo no seguinte pleno, “lamentando ter comprobado que a política continuista de favorecer aos de sempre non rematou en Vilalba, senón que se xuntaron os modus operandi caciquís co nepotismo máis amable de quen encubre a súa xestión máis que reprobable con lavados de imaxe dun avoengo crónico, desgastado e caduco.”

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com