" />

O PSOE elixe a Fernández e Basadre para ocupar o cargo da portavocía

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez,  fixo o anuncio esta mañá en rolda de prensa de que o Partido Socialista rexistrara hoxe a solicitude para poder conformar grupo municipal, adiando que o portavoz do grupo será Miguel Fernández e que o cargo da viceportavocía recaerá en Carmen Basadre. Os suplentes serán Ana González Abelleira e José Manuel Díaz Grandío. Mañá terá lugar a Xunta de Goberno Local provisional ás dúas da tarde no Consistorio.

Méndez tamén resaltou a boa sintonía entre BNG e PSOE na xuntanza mantida onte. Cualificouna de “áxil e concreta, e en tono moi cordial”.

Pola súa banda, Rubén Arroxo valorou tamén como positiva a reunión coa comisión negociadora nomeada polo partido socialista, e sinalou que o BNG – Asambleas Abertas non tomará ningunha decisión sobre a entrada no goberno ata a celebración, a principios da vindeira semana, dunha Asamblea Aberta na que se dará voz a militantes, simpatizantes e persoas que paraticiparon no proceso denominado Construíndo Futuro.

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo