" />

O PSOE esixe a Candia que continúe co proxecto para levar Recadación ao Fogar de Santa María

O Grupo Provincial do Partido Socialista esixiu hoxe á Presidenta da Deputación, Elena Candia “que non pague con 2,4 millóns de euros de todos os lucenses unha débeda máis de Feijóo coa provincia de Lugo, adquirindo o edificio da Cámara de Comercio”, e continúe co proxecto de rehabilitación do 2º andar do pavillón número 1 do Fogar de Santa María para levar a estas instalacións públicas cedidas gratuitamente polo Concello de Lugo o servizo provincial de Recadación.

Os socialistas trasladan estas reclamacións a Candia a traveso dunha moción que levarán ao vindeiro Pleno e coa que tamén instan á Xunta, como administración responsable, a dotar de solvencia económica á Cámara de Comercio para que se poña en perfecto funcionamento e con todas as garantías legais en Lugo.

Así o adiantou este martes a vicevoceira provincial socialista. Pilar García Porto explicou que o anterior Goberno Provincial “puxo en marcha hai un ano este proxecto de rehabilitación co obxectivo de reubicar o departamento de Recadación nun lugar cómodo é accesible para os cidadáns, pois o Fogar de Santa María sitúase nun lugar céntrico da capital luguesa, que conta con aparcadoiro propio e onde tamén se atopan outros servizos provinciais, como Cooperación e Asistencia aos Concellos ou Vías e Obras”.

O anterior executivo provincial informou sobre esta iniciativa aos traballadores deste departamento, así como ao Comité de Empresa e representantes sindicais da Deputación de Lugo. García Porto indicou que en outubro de 2014 a Deputación presentou o proxecto básico de “adecuación funcional da planta alta do pavillón nº1 do Fogar de Santa María” ao Concello de Lugo, cun custe inicial de 260.000 euros que pode variar en funcións das modificacións que consideren os técnicos municipais.

Do mesmo xeito, o organismo provincial tamén pagou as taxas correspondentes para acadar a licenza de obras. Pola súa banda, o Concello de Lugo aprobou a ampliación do uso dotacional público destas instalacións e indicou as primeiras modificacións a realizar no proxecto básico que lle presentou a Deputación.

Asemade, o  PSOE instou á Xunta de Galicia a dotar de solvencia económica á Cámara de Comercio “para que poda poñerse en perfecto funcionamento e con todas as garantías legais en Lugo. Este é o segundo acordo da moción que os socialistas levan ao Pleno da Deputación, tendo en conta que é Grupo Provincial Socialista na Deputación de Lugo responsabilidade do Goberno galego facelo, así como o importante servizo de apoio e asesoramento ao tecido empresarial lugués que presta dende 1893”.

“Ningunha das propostas que fixo o Executivo de Feijóo ata o momento benefician aos empresarios lucenses: barralla anexionala á Cámara de Coruña ou a de Santiago, ou ben que se fusione coa de Ourense. Ambas as dúas posibilidades xa foron rexeitadas de xeito categórico pola Confederación de Empresarios de Lugo, que manifestou, ademais, a súa disposición para facerse cargo dunha entidade cameral axeitadamente dimensionada para a provincia de Lugo, que proporcione os servizos que o seu empresariado necesitan, e que son, fundamentalmente, os relacionados coa internacionalización”, cocnluíu García Porto.

Pola súa banda, o deputado delegado de Economía, Recadación e Facenda, Demetrio Salgueiro, asegura que Pilar García Porto e os membros do grupo socialista “non están lexitimados para dar leccións sobre o edificio no que localizar aos funcionarios do Servizo de Recadación, xa que mantiveron durante oito anos a estes traballadores en condicións inadecuadas, desoíndo informes que advertían sobre as pésimas condicións nas que se atopaban os empregados”.

Demetrio Salgueiro considera “irresponsable” a actitude dos socialistas, “que durante anos investiron fondos públicos no elevado aluguer dun edificio onde tiveron desempeñando as súas funcións os traballadores de Recadación sen concluír unha solución ao respecto pese a un Informe Provincial de Traballo e de Seguridade Social, que indicaba deficiencias en aspectos como o de falta de mantemento da estancia, unha dimensión do local inadecuada, e problemas tanto no sistema eléctrico, como no térmico e no de ventilación”.

“Lamentan agora o investimento de fondos para mellorar as condicións nas que traballan estes funcionarios, cando eles destinaron importes millonarios en edificios aos que con posterioridade non sacaron rendibilidade”, concluíu.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo