O PSOE reclama no Congreso dos deputados a conexión do AVE Lugo-Ourense

A deputada socialista lucense Margarita Pérez Herraiz, rexistrou no Congreso unha nova iniciativa parlamentaria coa que lle reclama ao Ministerio de Fomento que conecte a cidade de Lugo coa de Ourense a traveso da Alta Velocidade. Así mesmo, solicita ao Ministerio que retome o proxecto de construír unha Estación Intermodal na cidade de Lugo.

A deputada socialista recorda que Fomento suspendeu en 2012 o contrato para a redacción do proxecto básico e construtivo da Estación Intermodal, e nos posteriores Presupostos do Estado non apareceu ningunha consignación presupostaria para este proxecto.

Así mesmo, apunta que “o pasado mes de marzo ADIF comezou obras na estación de Lugo, o que segundo as súas palabras, confirma a intención do Goberno de non facer a estación intermodal, afirmando que supón un novo paso en contra da modernización das infraestruturas ferroviarias de Lugo”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com