" />

O PSOE reclama no Parlamento medidas urxentes para erradicar a praga do mosquito de Ribadeo

A Secretaria Provincial Socialista e Deputada Autonómica, Patricia Otero, avanzou que rexistrou unha batería de iniciativas parlamentarias coas que reclama ao Goberno de Feijóo que adopte, no prazo máximo de tres meses, as medidas necesarias para que a madeira almacenada indefinidamente no Porto de Mirasol de Ribadeo sexa retirada para erradicar o problema da praga de mosquitos e moscas que sofre a vila. Esta iniciativa será debatida este venres día 7, na Comisión 8ª do Parlamento.

Otero que visitou esta mesma zona, acompañada da Voceira Socialista de Ribadeo, Marta Rey remarcou que “desde fai anos o casco urbano de Ribadeo vén padecendo, na época do verán, unha praga de mosquitos e moscas que afecta aos seus veciños e veciñas, así como a toda a hostalería, prexudicando a esta na época do ano na que Ribadeo ten unha maior afluencia turística”, dixo.

Así as cousas, a Deputada lembra que “en xuño de 2019 os propios hostaleiros de Ribadeo, desesperados con esta praga de moscas e mosquitos, pedían solucións a Portos de Galicia para erradicar a praga, alegando que o foco podería estar na madeira almacenada sine die no porto comercial de Mirasol, no que se atopan decenas de miles de toneladas alí depositadas desde hai anos”.

Nesa liña tamén advirte que “o propio Concello de Ribadeo contratou a unha empresa especialista no tratamento de pragas, que aportou solucións para combater este problema que é a seguinte; tratar a madeira ou retirala do Porto de Mirasol, xa que os tratamentos empregados polos hostaleiros para erradicar estas moscas e mosquitos de nada servirían se a madeira segue amontoada indefinidamente no Porto”. Dito informe que lle reenviou o propio Concello de Ribadeo ao Goberno de Feijóo, no que explican que os hostaleiros non son capaces de eliminar os mosquitos das súas ventás, aínda limpando e aplicando insecticidas todos os días, e que provocan incidencias incluso nas comidas.

A secretaria provincial denuncia “que os máximos prexudicados por esta situación é toda a poboación en xeral, así como os hostaleiros de Ribadeo que  xa advertiron de novo estes días que o problema non está resolto e que volverá a aparecer cando chegue a calor. Por iso entenden que é urxente que Portos de Galicia actúe e retire a madeira que leva anos almacenada no Porto de Mirasol de Ribadeo”.

Pola súa banda a Voceira Socialista de Ribadeo, Marta Rey emprazou ao Goberno do PP a non mirar para outro lado, e atallar esta situación. “As veciñas e veciños de Ribadeo non podemos ser ninguneados polo Goberno de Feijóo e do PP, esta praga ten que ser erradicada de maneira urxente, porque ademais pode conlevar consecuencias moi negativas para o turismo local”, insistiu.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo