" />

O PSOE reivindican o rural “como unha oportunidade única para vivir e traballar”

A Secretaria Provincial Socialista e candidata as eleccións autonómicas pola provincia de Lugo, Patricia Otero mantivo hoxe unha xuntanza de traballo na montaña lucense acompañada de Alcaldes da Comarca e cargos orgánicos.

A secretaria provincial criticou a política de desmantelamento do rural de Feijóo. “Hoxe podemos constatar, aquí na Feira de Baleira, como o Goberno do PP segue abandonado aos nosos agricultores e aos nosos produtores. O vindeiro 5 abril temos que conseguir mudar esta situación para que Gonzalo Caballero sexa Presidente da Xunta, e converter así o noso rural nunha oportunidade única na que poidamos traballar e vivir, e onde todos e todas teñamos as mesmas oportunidades”, explicou.

Otero estivo acompaña, na Feira de Baleira, polos concelleiros municipais, Javier Núñez e Laura Burgué, así como polo deputado e candidato ás eleccións autonómicas, Luis Álvarez, e tamén polos Alcaldes da Fonsagrada, Carlos López; Navia de Suarna, José Fernández Fernández; Castroverde, José María Arias e Ribeira de Piquín, Roberto Fernández.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Avatar
    Carlos Fernandez Peleteiro
    Mar 12, 2020 - 08:31 PM

    A este ritmo, de tanto posture, non se ganan unas elecions

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo