O PSOE tilda de “ciencia ficción” as contas de Feijóo para a provincia

A Secretaria Provincial Socialista e Deputada Autonómica, Patricia Otero e o Presidente da Deputación, Jose Tomé Roca anazalizaron esta mañá os orzamentos da Xunta. Os socialistas calificaron as “contas de Feijóo para a provincia como de ciencia ficción, e que non responden ás necesidades desta provincia”. No acto tamén estivo a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez.

A Secretaria Provincial Socialista dixo que as contas do PP para a provincia son unha auténtica tomadura de pelos aos lucenses”. Tíldounos de “electoralistas, xa que non saldan a débeda histórica que ten con o PP con esta provincia”, e ademais “son un copia e pega de orzamentos doutros anos, con partidas irrisorias que non serven para nada”, dixo.

Otero remarcou que “a Feijoo tíñalle que caer a cara de vergoña vir a esta provincia e pedir o voto nestas elección xerais, xa que non ten ningún argumento para que os lucenses confíen no PP”, insistiu.

Coas contas enriba da mesa a secretaria provincial criticou a variante de Viveiro, “pola que levamos máis de 11 anos esperando, é o único que fixo o PP foi mudar ese trazado consensuado cos veciños, especialmente en Magazos, e deixou o orzamento á metade do previsto inicialmente”.

Tamén aludiu ao desdobramento do corredor Sarria-Nadela. “Outra vella reivindicación que 11 anos despois, co compromiso firme de Feijoo de executar este vial, agora anuncia que só vai arranxar 11 quilómetros, con 3 millóns de
euros, cando se comprometera que ia estar arranxado no 2015 co desdobramento integral”.

Sobre o Porto Seco de Monforte replicou que esta orzamentada a mesma cantidade que na pasada anualidade. “Esta é a típica partida de copia e pega, que non se executou, e voltamos a incluíla nos orzamentos do seguinte ano. Polo tanto, non poderemos desfrutar da conexión corredor sur, para que Monforte sexa un nodo loxístico de transporte de mercadorias ”.

Da rolda de leste dixo que adolece dunha escasa dotación orzamentaria. “A onde vamos con 300.000 euros para poñer en marcha esta infraestruturas cando son necesarios 22 millóns de euros?”, espetou. “Nada se fixo desde finais de 2008 dando se executaron 9,9 millóns nesta vial”.

“O Plan Paradai é un clásico de todos os orzamentos, a partida do ano pasado non se executou e volve a estar nestas contas, outro copia e pega”. O mesmo sucede co acondicioamento das estradas Begonte-Friol-Palas e da LU 651 do Folgoso do Courel cun orzamento de 750.000 euros cada unha, “volven a aparecer este ano nos orzamentos porque seguen sen executarse”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com