O pulo das altas médicas continúa a ser clave na redución de casos activos de Covid

Esta sexta vaga semella non ter final. Cando parece que arranca o descenso de novos positivos, achégase o final da semana e, de novo, aumenta de xeito importante o ritmo de contaxios. Así pasou a semana pasada e a anterior, que comezaban cunha redución importante dos casos e, a medida que avanzaban os días, non só se mantiñan en cifras moi altas senón que incluso, se daban pasos atrás na mellora. É por iso que, malia que a provincia leva dúas xornadas de importante mellora, estas cifras hai que miralas coa prudencia que ensina a experiencia.

Así, na xornada de hoxe, segundo o último informe do SERGAS, Lugo rexistra 6394 casos activos, 297 menos que un día antes, un dato que mellora en gran parte grazas ás altas médicas (713 na última xornada) e malia ao mantemento dos contaxios á alza con máis de 400 na última xornada.

E é que segundo os datos publicados por Sanidade, nas últimas 24 horas a provincia rexistrou 416 positivos novos, que malia que segue a ser unha cifra alta, supón 95 menos que un día antes. Con todo, lembramos, que estas cifras arroxadas os luns e os martes hai que lelas con certa prudencia.

Con todo, hai un baremo que, en lugar de mellorar, empeora levemente, é a presión asistencial, que hoxe suma 86 casos Covid, 7 deles na UCI do HULA, os 75 restantes en planta. Por hospitais, o HULA rexistra 60 pacientes en unidades convencionais, o Hospital da Mariña conta con 10 e o de Monforte, suma dous pacientes nas últimas horas e chega aos 9.

Dende o inicio da pandemia, a provincia de Lugo rexistrou un total de 280 falecidos e 36.649 pacientes curados.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com