" />

O reloxo da Catedral de Lugo, protagonista dun cupón da ONCE

O reloxo da Catedral de Lugo é a imaxe protagonista do cupón da ONCE do vindeiro mércores 29 de xaneiro. Enmarcado na serie Cidades en punto e hora adicada aos 52 reloxos máis emblemáticos das cidades españolas, a serie iniciouse en marzo de 2019 e finalizará a finais deste ano.

Así, máis de cinco millóns e medio de cupóns difunden xa a imaxe do reloxo da Catedral lucense, nun cupón que xa está á venda.

O reloxo actual, segundo os estudos realizados polo historiados Adolfo de Abel Vilela, é o quinto dos albergados na torre da fachada norte da Catedral dende que a finais do século XVI colocárase o primeiro reloxo mecánico que houbo na cidade para servizo público e que estivo en funcionamento 180 anos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo