O restaurante Paprica establecemento certificado con selo de garantía Galicia Calidade

O restaurante Paprica de Lugo,  xunto con A Tafona de (Santiago) e o Hotel-restaurante O Semáforo (Fisterra,) alcanzaron a certificación do selo Galicia Calidade tras superar os requisitos establecidos pola marca de garantía da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Trátase de tres establecementos de referencia no sector da restauración e da hostalería de Galicia recoñecidos pola calidade dos seus servizos e propostas gastronómicas. O director xerente de Galicia Calidade, Alfonso Cabaleiro, salientou que estas novas incorporacións veñen a completar unha oferta de establecementos de calidade que, agrupados na plataforma Lecer, ofrecen aos consumidores “unha garantía de calidade e compromiso con Galicia”.

Galicia Calidade Lecer

A plataforma Galicia Calidade Lecer agrupa establecementos de ocio, restauración e hostalería de Galicia con calidade certificada. O obxectivo de Galicia Calidade Lecer é impulsar a calidade como elemento que marque a diferencia respecto doutros destinos turísticos, xerar confianza nos consumidores e acadar maior visibilidade e valoración dos establecementos certificados.

Coas novas incorporacións, a marca de garantía de Galicia conta xa con 110 establecementos certificados, entre os que se atopan hoteis, restaurantes, casas rurais e portos deportivos. Para poder contar co selo de garantía Galicia Calidade, os establecementos deben contar tamén co selo Q de Calidade turística e ter, no caso dos restaurantes, unha oferta gastronómica con produtos avalados polos selos certificación de orixe de Galicia.

Paprica

O restaurante Paprica está formado por un equipo novo e dinámico liderado por Álvaro Villasante, chef cunha ampla traxectoria profesional e pertencente ao Grupo Nove Cociñeiros. Desde a súa apertura no 2007, a aposta polo equilibrio entre a cociña tradicional e moderna brindoulles varios recoñecementos, entre eles ser o primeiro restaurante de Lugo en obter a Q de Calidade Turística e a mención na Guía Michelín que manteñen ano tras ano.

A cociña do Paprica baséase en pratos creativos marcados polas estación do ano e os produtos locais de calidade. A tempada, a proximidade e os produtos ecolóxicos son as sinais de identidade deste establecemento, que aproveita ademais o seu comedor como sala de exposición a artistas locais.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com