O San Froilán facilita de novo xoves e venres os buses gratuítos con paradas antimachismo

O Concello de Lugo facilitará de novo este xoves e venres, 11 e 12 de outubro, os autobuses gratuítos de noite do San Froilán, a partir das 22:30 horas, nas liñas especiais 3A, 4, 6, 7A, 3AE, 4E, 5E, 6E; co obxecto de favorecer o lecer nocturno e de facelo dun xeito seguro.

No marco da campaña municipal contra o acoso sexual, a estas liñas de bus, entre paradas, poderán acceder e baixar mulleres, ou aquelas persoas que se sintan acosadas, violentadas ou crean que exista algún perigo para a súa persoa; para deixalas preto das súas casas ou sitios que prefiran, sen que isto signifique desvío da ruta asignada.

No relacionado contra a violencia machista, o Concello tamén volverá instalar un Punto Violeta na rúa Anxo López Pérez coa esquina Praza Horta do Seminario, con horario, o día 11 de outubro, de 22:00 a 02:00 horas, e o 12 de outubro, de 12:00 a 02:00 horas.

Haberá en todo momento do horario de apertura persoal profesional de atención e persoal voluntario polo recinto feiral e o centro de Lugo informando e sensibilizando. Este punto súmase aos espazos seguros na contorna do feiral, na Oficina Municipal de Turismo e do Concello. Deste xeito, o Concello volve apostar por unhas festas libres de agesións e para elo busca involucrar á cidadanía; repartindo vinilos, folletos e chapas que manifestan o rexeitamento de todo tipo de agresións, así como os pasos que se recomendan en caso de sufrir algunha.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com