" />

O Valedor do Pobo admite a trámite a queixa dos populares polo acceso á información na Deputación

A voceira do Grupo Provincial do Partido Popular, Elena Candia, informou que o Valedor do Pobo admitiu a trámite a queixa dos populares, logo das supostas trabas interpostas polo goberno socialista á hora do acceso á información.

Os populares solicitaron a intervención do Valedor do Pobo recomendando á Deputación de Lugo que facilite aos deputados o rápido acceso á información que necesitan para o correcto exercicio da función representativa e da fiscalización da acción do goberno.

A voceira do GPP, Elena Candia, afirmou que o grupo popular viuse na obriga de reiterar moitos dos escritos pendentes, sen ser atendida a súa petición a data de hoxe e a maiores sen solventar as súas solicitudes nun prazo de cinco días, segundo impera o Regulamento Orgánico de Funcionamento da Deputación.

A popular aclarou que “en cinco días remítennos un escrito dende a Sección de Actas no que simplemente nos comunican se a solicitude é admitida ou denegada e que nos empezaron a enviar despois de que nos cansaramos de rexistrar reiteradamente escritos nos que explicabamos que, tal e como establece o ROF, entendiamos concedida a petición por silencio administrativo”.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo