" />

O vindeiro domingo 7 de agosto terá lugar a segunda edición da Ancares Marathon Cycling

A segunda edición da Ancares Marathon Cycling terá lugar o vindeiro 7 de agosto e encabezará a carreira co dorsal número 1 o excliclista Miguel Induráin, ademais da presenza de ciclistas de toda Galiza, e doutros puntos do Estado – Castilla y León, Asturias, Madrid, Cataluña, Euskadi, Navarra, Aragón e Canarias, medra tamén a participación internacional con inscricións de Suíza, Reino Unido, Irlanda ou Portugal.

A posibilidade de rodar a carón de deportistas como Miguel Induráin, cinco veces campión do Tour de Francia, ou o triatleta Iván Raña,
campión do mundo de triatlón, é un dos grandes reclamos da proba (na que xa hai medio millar de inscricións), que se presenta como unha plataforma de proxección da comarca dos Ancares como destino para o turismo deportivo.

A proba, organizada polo Club Cliclista Cidade de Lugoco terá a saída e a meta en Pedrafita do Cebreiro e pasará tamén polos concellos de Becerreá, As Nogais, Cervantes e Navia de Suarna.

A proba ofrece tres itinerarios, con distintas distancias e  niveis de dificultade para facilitar a participación de persoas afeccionadas ao
ciclismo de todas as idades e condicións físicas.
– Gran Fondo, con 126 km e 3.500 m de desnivel positivo. Paso polos altos de Sete Carballos, A Pintinidoira, Vilasol e chegada no alto do
Cebreiro.
– Medio Fondo, 93,8 km e 2.913m de desnivel positivo. Paso polos altos de A Pintinidoira, Vilasol e chegada no alto do Cebreiro.
– Mini Fondo, de 45 km e 1.200 metros de desnivel positivo. Paso polo alto de Vilasol e chegada no alto do Cebreiro.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo