" />

O vindeiro sábado 13 de agosto Paradela celebra a Festa do Peregrino

O próximo sábado, o Concello de Paradela, dentro dos actos do seu bicentenario, terá cos peregrinos que pasen polo concello unha atención especial, agasallándoos con empanada de anguías (o elemento gastronómico máis destacado do concello) e doces de Paradela.

No tramo de Camiño Francés a Compostela no Concello de Paradela, de 7.300 metros de lonxitude, o concello situará mesas para ofrecer aos peregrinos que veñen facendo a ruta cadanseu anaco de empanada e de roscón de Paradela para agradecer o seu paso polo Camiño e poñer de relevo dous elementos gastronómicos de primeira orde dos que o Concello é unha recoñecida potencia.

Esta distribución hase facer a todos os camiñantes que cheguen a territorio paradelense entre as 10 e as 12 da mañá, ata agotar existencias.

Visita especial guiada ás Exposicións do bicentenario

Por outra parte, e dedicada especialmente aos paradelenses que están fóra e veñen de vacacións, e a todos os interesados, vaise facer unha visita especial guiada ás “Exposicións do bicentenario de Paradela”.

Esta visita, que comezará ás 12,00 h., nas instalacións do Mercado de Paradela (Edificio multiusos) consistirá en:

Recepción polo Alcalde, José Manuel Mato Díaz

Cancións sobre textos do escritor Manolo Rodríguez polo cantautor de Becerreá residente en Barcelona, Alfredo González Vilela

Presentación da exposición de “Manuel Rodríguez, 2.0” polo seu fillo, Santiago Rodríguez, profesor de doctorandos na Universidade de Bristol (UK).

Presentación da exposición “Do tempo das luces” (fotos antigas de Paradela) e invitación para continuala en anos sucesivos e formación do Arquivo da imaxe de Paradela, por Rocío Domínguez Brea, Presidenta da Asociación de Mulleres de Paradela.

Presentación da exposición “Paradela, senda infinita” por Xulio Xiz.

Os asistentes recibirán cadanseu exemplar dos catálogos das tres exposicións, e do libro resume dos 200 anos de Paradela de Xaime Félix López Arías, Arlindo

A continuación, nas instalacións do Mercado servirase un viño da Ribeira Sacra con pinchos da gastronomia de Paradela.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo