O viveiro de empresas da Fundación CEL, considerado o terceiro mellor de España

O viveiro de empresas da Fundación CEL, Iniciativas por Lugo, é considerado o terceiro mellor de toda España segundo o recentemente publicado Ránking 2018/2019 de Viveiros de Empresas de España, un informe que a Fundación Caixas de Aforro (FUNCAS) e a Universidade Rey Juan Carlos de Madrid realizan para analizar o ecosistema de apoios ao emprendedor a nivel nacional.

Este terceiro posto no ránking global nacional dun total de 477 viveiros identificados nesta ocasión en todo o territorio nacional, só é superado por outro viveiro galego, o da Cámara de Santiago, e polo Cloud Incubator Hub de Murcia, o que sitúa a Galicia como a única Comunidade, xunto con Madrid e a Región de Murcia, que contan con dous viveiros no “ top ten” de mellores viveiros de España.

O xerente da Fundación CEL, Rodolfo Ojea, agradece o recoñecemento polo respaldo que supón ao traballo que leva realizando a entidade durante os últimos anos e destaca que probablemente esta boa posición é debida a que o estudo “valora moi especialmente que os centros deste tipo sexan algo máis que unha simple instalación física posta a disposición dos emprendedores para tentar crear empresas”, e na Fundación é a liña que precisamente se procura seguir, ofrecendo asesoramento especializado, facilitando networking ou acceso a outros programas de formación e aceleración como o de Vía Galicia –e deica pouco, á aceleradora aeronáutica de Galicia- e un longo etcétera de apoios que son os servizos que no seu conxunto confiren realmente valor engadido a un centro de iniciativas empresariais a ollos dos emprendedores”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com