" />

O xornalista Paco Nieto, pregoeiro das festas do San Froilán

O xornalista lucense Paco Nieto será o pregoeiro das festas do San Foilán 2016. Así o acordou esta mañá o Concello trala xuntanza da Comisión de Festas, na que tamén se acordou que a profesora Lupe Bao será a encargada de realizar a tradicional ofrenda a Rosalía de Castro no marco destes festexos.

A Comisión de Festas do San Froilán acordou por maioría este venres este nomeamento, segundo avanzou a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, ao finalizar a reunión. “Trátase dun profesional cunha gran traxectoria no eido da comunicación de Lugo, de recoñecido prestixio, que reúne sobradamente os méritos e requisitos necesarios para poñerlle voz ao pregón dos festexos patronais da nosa cidade”, subliñou a rexedora.

Nieto desarrolla a súa actividade profesional dende hai anos en Radio Lugo e colabora con Telelugo. As festas do San Froilán terán lugar entre o 4 e o 12 de outubro.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo