" />

Operarios da Deputación traballan para despexar de neve e xeo as estradas da montaña

A Deputación de Lugo mantén despregado dende as 7:30 horas deste luns un dispositivo composto por 24 operarios e 12 equipos, que inclúen máquinas quitaneves e vehículos todoterreo, para garantir a seguridade viaria e atender as incidencias provocadas polas nevaradas desta noite.

O dispositivo traballa en despexar de neve e retirar as árbores caídas en máis de oitenta estradas de 12 Concellos que discorren, sobre todo, pola Montaña lucense (Becerreá, Cervantes, Pedrafita do Cebreiro, A Fonsagrada, Folgoso do Courel e Navia de Suarna, principalmente) e tamén da zona sur da provincia, con incidencia importante nas localidades de Samos, Quiroga e O Incio.

Os 12 silos de sal da Deputación dispoñen de 35 toneladas cada un, o que fai un total de 420 toneladas, para conseguir desfacer as placas de xeo que hai no firme e favorecer así a seguridade dos usuarios e usuarias das vías.

As estradas afectadas son as seguintes:

Baleira: LU-P- O401, de Corveira, por Córneas a Restelo; LU-P- 0405, de Fonteo a Lastra; LU-P-0407, de Fontaneira por Vilar Dos Adrios.

Becerreá: LU-P-0704, de Cereixal por Penamaior á escola de Alta Montaña; LU-P-0707, de Armesto por Tores a As Nogais; LU-P-0708, de Cereixal a Louxas; LU-P-6221, de Triacastela polo Alto de Albela a Guilfrei; LU-P-0702, da estrada de Becerreá a Navia, por San Román de Cervantes a Degrada.

Folgoso do Courel: LU-P- 1301, de Seoane do Courel a Pedrafita; LU-P-1303, de Seoane por Visuña a Ferramulín; LU-P-1304, de Mostad por Romeor a Casares; LU-P-1305, de Campa por Vilar a Alto do Boi; LU-P-1306, da LU-651, en Megoxe a Herrería do Incio; LU-P-4501, de Poio, por Louzarela e Teixeira á estrada de Samos a Caurel e o acceso a Meiraos; LU-P_4701, da Pobra do Brollón, por Parada dos Montes; LU-P-4505, do Poio por Louzarela a Teixeira; LU-P-5004, “de Cruz de Outeiro por Seara a Ferramulín; LU-P-5601, de Samos a Caurel e Rampa a Santa Mariña.

A Fonsagrada: LU-P-1906, de Pedrafitelas por Vilares aos Cangos; LU-P-3601, de Acebo a Negueira de Muñiz; LU-P-1901, de Fonsagrada a Navia; LU-P-4606 e a LU-P-4811.

Cervantes: LU-P-1401, de LU-723, por Degrada e Piornedo ao límite provincial; LU-P-1404, de San Román a Quindós; LU-P-1405, de Campa da Braña a tres obispos; LU-P-1411, de Vilanova a Portelo; LU-P-1412, de Quindos a Robledo, en Pena do Santo a Setecarballos; LU-P-0702, de San Román de Cervantes a Degrada; LU-P-1401, de Doiras a Piornedo ao límite provincial; LU-P-1402, de San Martiño da Ribeira por Quindous a Vilaquinte; LU-P-1403, de Vilanova a Santa María; LU-P-1404, de San Román a Quindous; LU-P-1406, dos Prados a Trabado; LU-P-1407, de Bolois a Vilanova; LU-P-1408, de Fonquente a Noceda; LU-P-1409, de Quindous por Vilar a Robledo; LU-P-1410, de San Martiño da Ribeira por Couso a LU-P-1404; LU-P-1411, de Vilanova por Vilapún a Vilaspasantes; LU-P-1412, de Pena do Santo a Setecarballos; LU-P-3505, de Navia por Vilaquinte a Donís; LU-P-4504, de Pedafrita a Portelo.

O Incio: LU-P-2505, de Foilebar, por Lamarredonda a Aira Padrón; LU-P-1306, de Megoxe a Herrería do Incio; LU-P-2501, de San Amaro por Rubián de Cima a Cervela; LU-P-2502, de Polvoreiro a Ferradal; LU-P-2503, do Incio a Foleibar ata a LU-P5603:LU-P-2504, de Cortellas a Cabanas; LU-P-4706, de Pacios de Veiga por Canedo a Santa Cruz do Incio; LU-P-5711, da LU-642 por San Martiño de Loureiro ao Val do Mao e Souto; e LU-P-2507, de Saa por Cereixido a Freixo.

Navia de Suarna: LU-P-3501, de Paradela ao Alto do Restelo; LU-P-3502, de Muñis a Rao; LU-P-3508, de Rao por Murias a Balouta; LU-P-3505, de Navia por Silvouta; LU-P-3509, de Navia ao alto de Labiadas; LU-P-1901, de Fonsagrada a Navia; LU-P-3503, de Silvouta por Vallo a Vilor; LU-P-3509, de Navia por Virigo ao Alto de Labiadas; LU-P-3511, de Mosteiro a Pacio;  LU-P-3512, da Cancela da Serra por Son a LU-722.

Negueira de Muñiz: LU-P-3601 De Acebo a Negueira de Muñiz; LU-P- 3602 “Del Acebo a Negueira por Ouviaña a Asturias” Cadenas.

As Nogais: LU-P-3701, das Nogais, por Pintinidoira á LU-P-4504; LU-P-4503, de San Pedro, por Busnullan e Vilasol a Nullan.

Pedrafita do Cebreiro: LU-P-4504, de Pedrafita ao Portelo; LU-P-4503, de San Pedro por Busnullán a Nullán; LU-P-4505, de Louzarela por Queixadoiro a Filloval; LU-P-1301, de Seoane polo Hospital e Ramais a Piñeira, Lousada e Vilela; LU-P-1304, de Mostade por Romeor a Casares; LU-P-4501, de Poio por Louzarela ao acceso a Meiraos; LU-P-4502,  de Pacios a Seixos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo