A oposición critica as “eivas” do goberno local no Debate de Estado da Cidade

A Casa Consistorial de Lugo acolleu durante a tarde de hoxe o Debate do Estado da Cidade, unha sesión plenaria especial, na que o equipo de goberno expón o que fixo no último ano para a cidade e no que lle resta por facer nun futuro. Asemade, o resto de grupos debe expresas as súas inquedanzas sobre a xestión do goberno local e facer a análise precisa do que queda por levar a cabo para mellorar a cidade. 

O que se falou no debate celebrado esta tarde, viña anunciándose dende hai meses. A oposición criticou a “parálise” e o “desgoberno” do equipo de Lara Méndez, unha alcaldesa que esta mañá amosábase “optimista”, pero o que se atopou, foi unha retaíla de “cousas por facer” e moitas críticas da oposición.

O voceiro popular Antonio Ameijide avanzou que, durante a súa intervención, no debate, desgranou as que para o seu grupo son as “eivas” de cada servizo visualizando con exemplos o que tildou de “deriva na que os socialistas teñen ao Concello”.

Os populares afirman que a política dos socialistas, neste último ano, caracterizouse polos titubeos, os bandazos e as mentiras da alcaldesa afirmando que “urxe a reorganización e reestructuración dos servizos municipais, urxe desbloquear proxectos que levan parados anos”.

Ameijide fixo referencia aos case 15 millóns de euros que pagou a alcaldesa, neste 2017, con reparos de intervención; a débeda de 9 millóns a proveedores; a brecha de confrontación que xerou dentro do persoal municipal; ao bloqueo de proxectos de infraestructuras nos barrios ou ao retraso inxustificable da implantación dun novo modelo de transporte ou dun sistema de rotación de aparcamento.

O voceiro do BNG-AA, Rubén Arroxo, centrou a súa intervención en salientar a falta de solucións para os “problemas reais da cidade que foron provocados polo goberno socialista”. Arroxo referiuse así á falta de espazo para estacionar, ou á dun novo deseño de liñas de buses urbanos que permitan que este transporte sexa útil para as veciñas e veciños. Arroxo lembrou que o BNG fixo numerosas propostas ao longo deste ano pero case todas foron ignoradas polo goberno municipal. Ademais o voceiro do BNG-AA relatou todas as “débedas” que o PSOE ten con Lugo como a zona pública de baño, o ascensor do Sagrado Corazón, os aparcadoiros disuasorios ou a regulación das zonas de aparcamento.

Rubén Arroxo tamén se referiu ás “carreiras de atriles” que fixeron nos pasados días o PP e o PSOE no barrio da Tinería para facer anuncios que “nin eles mesmos crían” e á falta de iniciativas para dar unha solución real a este barrio insigne da cidade.

A voceira de Cidadáns, Olga Louzao, arrancou o seu discurso asegurando que superado o ecuador da lexislatura, pódese xa facer un balance real e fidedigno do rumbo que está a levar a cidade e afirmou que “gustaríanos dicir cousas positivas deste Goberno, dicir que Lugo vai pola senda correcta, camiño de ser unha cidade de futuro, unha cidade de oportunidades, pero resúltanos imposible, todo se volveron promesas e promesas incumpridas”. Como non podía ser doutra forma, Louzao tamén fixo referencia a diferentes temas recurrentes na cidade como a cuberta de Quiroga Ballesteros, os “viaxes do atril da alcaldesa” ou a xa esquecida RPT que entraría en funcionamento a principios de 2017.

“Un ano perdido”, esas foron as palabras da voceira de Lugonovo, Cristina Pérez Herráiz, para resumir o 2017 en canto á actividade municipal. Durante o seu descurso no Debate do Estado do Concello, a portavoz salientou a escasa vontade de transformación amosada polo executivo dende o inicio do mantado. “Calquera xestión, da máis tímida á máis ambiciosa, debería facer avanzar un chisco a cidade que se goberna, pero ¿que se pode agardar dun partido e dunha alcaldesa que abriron a lexislatura pechando os acordos relativos á organización do traballo municipal para os seguintes catro anos coa súa teórica némese, o Partido Popular?”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com