" />

Orozco e Besteiro chamados a declarar por Pilar de Lara polo caso Garañón

A xuíz titular do Xulgado de Instrución número 1, Pilar de Lara, chamou a declarar  como imputados ao exalcalde de Lugo, José López Orozco e ao exconcelleiro de urbanismo, José Ramón Gómez Besteiro, polo coñecido como caso Garañón, unha urbanización que está a medio construír nas Costas do Parque.

O día 30 de xullo deberán prestar declaración os dous diante da xuíz e previamente farano varios funcionarios do Concello de Lugo.

A urbanización do Garañón fora denunciada diante do xulgado por uns veciños que se viron afectados pola construción dos edificios da urbanización. A Asociación pola Defensa do Parque Rosalía iniciara no seu momento, accións legais contra a autorización da licenza de dita urbanización, porque consideraba que a mesma ocupaba parte duns terreos adquiridos polo concello en 1927.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo