Orozco

Agora que todo acaba, que as luces esmorecen e xuño se torna setembro, é necesario volver a mirada atrás, facer balanzo e non sucumbir a soidade. As luces e sombras da xeira de dezaseis anos de xestión do alcalde Orozco, como gustaba de asinar, xa forman parte da historia desta vella cidade de máis de 2000 anos.

Ninguén se pode subtraer á inexorable lei do destino, as cousas suceden non se sabe ben por que.

Cando Orozco se presentaba en 1.999 por primeira vez para  alcalde de Lugo, ninguén fiaba naquel profesor de instituto, pero sucedeu e converteuse no primeiro alcalde socialista da democracia en Lugo, todo un fito, sobre todo polo inesperado.

Dezaseis anos despois o destino volvía cruzarse no seu camiño, nas mesmas eleccións que o elevaran ao Olimpo da cadeira municipal, esta vez para arrebatarlle a coroa de loureiro, ningunha sorpresa, por esperado.

Como en tantas ocasións ten pasado e volverá pasar, as máis das veces non somos quen de aceptar  a derrota e, aínda caídos, pensamos que poderemos erguernos e  seguir na batalla.

Orozco debeu dimitir o mesmo día das eleccións, logo de que o pobo de Lugo emitira o seu veredicto, pero non o fixo e perdeu a oportunidade de terse marchado coa cabeza ergueita. Unha magoa.

 

Eloi Caldeiro

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com