" />

Os bombeiros realizaron uns 32 servizos ao mes no primeiro semestre de 2016

Os bombeiros de Lugo realizaron unha media de 32 servizos aos mes durante o primeiro semestre do 2016 segundo os datos facilitados polo Concello de Lugo. En total, atenderon un total de 195 incidencias entre xaneiro e xuño, un 14% menos que o mesmo período do ano anterior.

Do total de actuacións, un 26% foron incendios en vivendas, alpendres ou vehículos, máis de medio cento, o que supón uns 40 lumes menos que o ano 2015. Ademais, durante os meses de xaneiro e xuño, os 45 profesionais do complexo lucense tamén actuaron en 10 salvamentos ou rescates así como noutras intervencións que obedecen a outras casuísticas como a retirada de materias da vía pública, fugas de auga ou apertura de portas. O servizo de bombeiros tamén rexistrou neste período un total de 44 falsas alarmas.

En canto á distribución temporal, febreiro foi o mes no que se rexistrou o maior número de incidencias atendidas polos bombeiros, un total de 48, seguido de xaneiro con 39, abril con 33 e maio con 30. Pola contra, os meses de menor actividade foron marzo, con 21 intervencións, e xuño, con 24.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo