Os bombeiros rescatan a unha muller tras caer por un desnivel en Barreiros

Unha muller foi evacuada despois de ser liberada polos Bombeiros de Barreiros tras caer co seu vehículo por un desnivel na parroquia de San Cosme de Barreiros.

Ocorreu ás 01:00 horas desta madrugada, tal e como indicou o particular que alertou mediante unha chamada ao 112 Galicia. A partir de aí, activouse un operativo formado ademais da dotación dos bombeiros, polos profesionais sanitarios e os axentes da Garda Civil de Tráfico.

Finalmente, unha vez excarcerada a persoa, os bombeiros comunicaron o traslado da persoa ferida no accidente.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com