Os bombeiros seguirán en loita ata que se complete a plantilla

As probas de acceso en propiedade a 12 prazas de bombeiro conductor incluídas nas ofertas públicas de emprego que sacou adiante o Goberno de Lugo cos sindicatos na Mesa Xeral de Negociación arrancarán o vindeiro luns, 4 de marzo, coa previsión de que o proceso remate en dous meses. Así o avanzou esta mañá o goberno local quen non convenceu  aos bombeiros, dado que non se trata de 12 prazas reais posto que “seis delas xa están ocupadas por interinos”.

Parte do corpo municipal de bombeiros volveu a concentrarse hoxe no pleno municipal co fin de defender que o Concello complete a plantilla necesaria, pois se reafirman en que co número actual de efectivos “a cidadanía está en grave perigo”.

O voceiro dos bombeiros, Tino Vila, asegurou que, na actualidade, o parque municipal conta con menos de 30 traballadores en activo “e agora empezan as xubilacións”; unha cifra que resulta insuficiente para dar servizo a poboación lucense, unha das que maior termo municipal ten, segundo o bombeiro.

No que respecta á comarcalización do parque proposta pola Xunta de Galicia, Vila asegurou que “eso é cousa da campaña política”. Pero asegurou que si os bombeiros “dicimos que non, non o poden facer”, e aclarou que a carga laboral aumentaría moito máis.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com