Os campamentos do LUG II combinan formación tecnolóxica, deporte e lecer

Preto de 140 mozos e mozas procedentes de distintos puntos de Galicia participan ao longo de xullo e agosto nos seis campamentos organizados pola Xunta no albergue xuvenil LUG II, na cidade de Lugo.

O delegado territorial da Xunta, Alfonso Villares, visitou este martes as instalacións para recibir os 23 participantes da quinta quenda. Durante unha semana, os menores combinarán actividades tecnolóxicas con propostas deportivas e de lecer.

Esta quenda, destinada a rapaces e rapazas de entre 12 e 14 anos, inclúe obradoiros de creación e edición de vídeo, deseño e impresión 3D, estampación manual e mecánica, e gravación e edición de podcast. O programa tamén prevé achegamentos ao metaverso, á realidade virtual e á creación de aplicacións web e para teléfonos móbiles.

O campamento desenvolverase ata o martes 18 de agosto. Trátase da quinta das seis quendas previstas este verán no albergue LUG II. A programación comezou en xullo con dous campamentos de temática musical e continuou continuou con tres propostas centradas na tecnoloxía. O calendario pecharase cun campamento dedicado ao emprendemento, previsto entre os días 21 e 28 de agosto e dirixido a adolescentes de entre 15 e 17 anos.

Estas actividades forman parte da campaña Modo Verán Activo, promovida pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude. De acordo cos datos facilitados pola Administración autonómica, a campaña ofrece na provincia de Lugo 2.593 prazas en campamentos, minicampamentos e campos de voluntariado para persoas de entre 9 e 30 anos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com