Os Codex estrean esta semana os filmes: “A sala de profesores” e A “terra prometida

Dúas novas estreas chegan á carteleira dos Codex Cinema este venres día dous. A primeira, “A sala de profesores” do director alemán lker Çatak, é un drama cheo de suspense cunha impresionante interpretación, cheo de tensión, é un estudio profundo de como a era das redes sociais e as noticias falsas están redefinindo a interacción humana.

Sinopse: CarlaNowak, unha idealista profesora de matemáticas e deportes comeza o seu primeiro traballo nun instituto. Cando se producen unha serie de roubos e se sospeita dun dos seus alumnos. Decide afondar no asunto pola súa conta. Carla intenta mediar entre pais indignados, colegas obstinados e estudantes agresivos, pero enfróntase ás implacables estruturas do sistema escolar.

 A outra estrea da semana é “A terra prometida”, película onde o seu director, NikolajArcel, ofrece unha combinación de acción e violencia, traizón, romance e melodrama familiar minuciosamente calculadas para agradar ao público. Unha historia estupenda con un bo guión e unhas interpretacións excelentes.

Sinopseen 1755 o empobrecido capitán LudwigKahlen proponse conquistar os duros e inhóspitos páramos daneses cun obxectivo aparentemente imposible: crear unha colonia en nome do rei. A cambio, recibirá un nome real que desexa con desesperación. Sen embargo, o único gobernante da zona, o desapiadado Frederik de Schinkel, cre arrogantemente que esa terra lle pertence. Cando de Schinkel decátase de que a súa criada AnnBarbara e o seu servil marido fuxiron para refuxiarse con Kahlen, o privilexiado e rancoroso gobernante xura vinganza e promete facer todo o que estea ao seu alcance para afastar ao capitán. Mais Kahlen non se deixa intimidar e emprende unha batalla tan desigual que porá en risco non só a súa vida senón tamén a familia de persoas marxinadas que se formou ao seu carón/redor.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com