" />

Os Codex trae dúas novas estreas cun novo horario

Os Cinemas Codex da capital, veñen de presentar as súas estreas da semana. Desta volta os cinemas contan con dous filmes, a tunisia O home que vendeu a pel, un fascinante drama da cineasta Kaouther Ben Hania sobre as hipocresías e os excesos do mundo da arte contemporánea que foi candidata ao Oscar a Mellor película internacional.

A tempo completo, será a outra proposta dos Codex esta semana. Trátase dun filme francés, de Éric Gravel, sobre as dificultades dunha muller para compaxinar a súa vida laboral e familiar, ao tempo que defender os seus dereitos como traballadora. A película recibiu a calificación do Ministerio de Cultura como especialmente recomendada para o fomento da igualdade de xénero.

Ambos filmes chegan a Codex cunha novidade no seu horario. E é que dende esta mesma semana, as salas de cinema independiente da capital lucense deciden pechar as súas portas os xoves. Así, os Codex continuarán a presentar os seus filmes de venres a domingo nos seus horarios habituais.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo