Os colexios viven a paixón albivermella

Na mañá de hoxe as nenas e nenos de 18 centros educativos da cidade de Lugo vivieron unha sopresa moi especial. As xogadoras do PM Friol CD Lugo e os xogadores do CD Lugo visitaron as aulas para invitar a os ilusionados cativos ao partido fronte o Cádiz CF do vindeiro sábado.

Nesta acción en colaboración coa Deputación de Lugo viviuse auténtica paixón albivermella e as cativas e os cativos gozaron da compañía dos seús ídolos futbolísticos, compartiron confidencias e tamén conseguiron os autógrafos dos seus xogadores favoritos.

As invitacións, para a grada de Fondo Sur, que recibiron as nenas e nenos poderán trocarse pola entrada definitiva nas oficinas do Anxo Carro ata o venres 26 de outubro no horario habitual: (L-V: 9.30-14h. y 16.00-19.30h.). O acompañante de cada nena ou neno que recibiu unha invitación poderá retirar unha entrada para Fondo Sur cun custo de 5€.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo