" />

Os encoros da provincia de Lugo atópanse ao 82,65 % da súa capacidade máxima,

A precipitación media acumulada na provincia de Lugo é 847,8 l/ m2, un 10 % por encima da media histórica ü Na última semana rexistráronse 0,3 l/ m2 e, por meses, destaca novembro como seco e decembro, xaneiro e febreiro como húmidos Ourense, 1 de abril de 2021.- Neste ano hidrolóxico 2020/21, que comezou o 01 de outubro de 2020, a precipitación acumulada media na provincia de Lugo a día de hoxe é 847,8 l/ m2, un 10 % por encima da media histórica, 770 l/ m2.

Na última semana rexistráronse 0,3 l/ m2 e, por meses, destaca novembro como seco e decembro, xaneiro e febreiro como húmidos. En relación cos encoros da provincia, atópanse ao 82,65 % da súa capacidade máxima, un 2,65 % menos que a semana anterior; este volume é un 0,57 % menor que a cantidade de auga embalsada hai un ano, 83,22 %, e un 3,27 % maior que a enchida media histórica nestas datas do ano, 79,38 %. Os encoros da parte galega da demarcación Miño-Sil están ao 80,39 %, o que supón un 2,7 % menor que a cantidade de auga embalsada hai un ano, 83,09 %, No relativo aos caudais circulantes, segundo os datos recibidos nas estacións de control da provincia que chegan ao Centro de Control de Conca ( CECU) da CHMS, atópanse un 34,3% por baixo da media histórica.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo