Os Enxeñeiros Agrónomos celebran o seu San Cidre

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, participou hoxe na festividade de San Cidre, o patrón dos Enxeñeiros Agrónomos de Galicia, nun acto no que tamén estiveron presentes o Decano do Colexio Oficial da Escola Politécnica, Tomás Cuesta e o presidente do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas de Lugo, Marcos Vázquez.

No acto entregáronse os premios fin de grao, no marco dunha sesión na que tamén se agasalla con diplomas e insignias ás persoas tituladas recentemente. Ademais incluíu a conferencia maxistral de Mercedes Salvador Rebolo, sobre o pasado, presente e futuro da enxeñería técnica agrícola, adaptación aos cambios.

Pola súa banda o delegado puxo en valor o papel dos profesionais que se forman na Escola Politécnica Superior de Lugo esencial para o desenvolvemento e mellora do rural, en particular na nosa provincia e reafirmou a aposta e compromiso da Xunta polo futuro do Campus Terra que se verá reforzado con novas titulacións como a proposta para o vindeiro curso: o grao de Robótica especializado no ámbito agroforestal

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com