Os Microefectos Dramatúrxicos voltan á escena, mañá en Lugo

Logo de tres meses dende a última sesión os Microefectos Dramatúrxicos voltan ao Clube Clavicémbalo en sesión de tarde e noite, mañá xoves e o venres en pases de 20:30 e 22:30. Nesta ocasión, os actores de Microefectos representarán catro pezas novas, escritas, dirixidas e interpretadas polos diferentes membros do colectivo.

Microefectos Dramatúrxicos celebra nesta sesión o seu sexto aniversario. O proxecto comezou en maio de 2013 na Sala Velvet Underground e en novembro dese mesmo ano se trasladou ao Club Clavicémbalo. Ao longo de
todo este tempo se puxeron en escena en torno a 160 micropezas de producción propia.

As pezas

Como xa é habitual neste grupo de teatro, os actores representarán catro pezas teatrais de 15 minutos de duración nas que contarán historias do día a día, cunha escrita directa e actual. Esta semana estrearán os títulos: Non. Todos somos así, escrito e dirixido por Brais García; Elogios no, de Brian Rodríguez; e V de VodaB de Banquete, ambas co dirixidas e escritas por María Grandío e Pepe Saavedra. Cada una delas será interpretada por diferentes membros do grupo teatral.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo