Os populares lugueses reivindican a experiencia de Goberno do PP

Os candidatos ao Congreso, Jaime de Olano e Joaquín García Díez, e o cabeza de lista ao Senado pola provincia de Lugo, José Manuel Barreiro, reivindicaron a experiencia de Goberno do Partido Popular, a súa xestión económica e a aposta do Partido Popular polo rural nos mitins celebrados este domingo na Pastoriza, Lourenzá e Mondoñedo onde estiveron acompañados da presidenta provincial do PP e rexedora mindoniense, Elena Candia.

“Temos experiencia de Goberno e sabemos o que precisa España”, aseguraron os candidatos populares”. Por iso piden dende o PP lucense “unir o voto para dar resposta dende as institucións aos que queren romper o país porque“. Así mesmo, os populares aseguraron que “a división do voto só beneficia a Sánchez”. De feito, engadiron que “a proposta de Orzamentos do PSOE pretendía prexudicarnos” porque “os socialistas querían quitarnos 63 euros a cada galego e dábanlle 97 euros máis a cada catalán”, lembraron.

Oportunidades no rural, cuestión de Estado

Esta medida beneficiaría directamente a tódolos lucenses do mesmo xeito que o total das 500 medidas que recolle o programa electoral do Partido Popular de Pablo Casado. De feito, un dos seus obxectivos é “converter ao rural nun novo espazo de oportunidades”. Así o puxeron de manifesto os populares que aspiran a representar á nosa provincia no Congreso e no Senado.

Así mesmo, os populares lembraron a incidencia das axudas da PAC para o sector agrogandeiro lucense e puxeron como exemplo “aos gandeiros pastoricenses que cobran máis da PAC -máis de 5 millóns de euros na anualidade do 2018- que ten o Concello de Orzamento”. Polo tanto, amosaron o seu rexeitamento “ao desprezo dos socialistas ao sector” e “a súa falta de interese por defender ante a Unión Europea estas axudas que benefician ás explotacións lucenses cando a señora Calviño, daquela Directora Xeral de Presupostos da Unión Europea, propoñía reducila nun 30%. Finalmente, grazas ás negociacións do Goberno popular esa redución foi menor”, insistiron os candidatos populares ás Cortes Xerais.

Os Gobernos populares, exemplo de xestión

Os populares puxeron ao Concello de Mondoñedo e á Xunta como exemplos dunha boa xestión dos recursos públicos dirixida ao beneficio dos veciños e veciñas.

Candia avogou tamén pola necesidade de “actuar con responsabilidade” dende as institucións e rexeitou “o insulto aos lucenses que supoñían os Presupostos Xerais do Estado presentados polo PSOE cos que cada veciño ou veciña recibiría 213 euros fronte aos máis de 4.000 que inviste o Goberno galego por cada habitante da nosa provincia”.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. José Manuel González Díaz
    Abr 22, 2019 - 08:57 AM

    En meter man na Caixa?

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com