" />

Os problemas do sector leiteiro seguen sen solución

Tal e como moitos sospeitabamos o conflito do leite seguirá sen resolverse. Malia a sinatura que se fará hoxe no Ministerio de Agricultura, onde asinarán o acordo o sindicato Asaja , as industrias, as cooperativas e as empresas de distribución, nada se vai solucionar, xa que o problema  seguirá como estaba e a sensación que queda é que de  pouco serviron as multitudinarias manifestacións de principios deste mes.

Hai defensores do acordo que ven nel un avance pero a crúa realidade é que nel só hai, quizais, boas intencións, aínda que con boas intencións o combustible ou a enerxía eléctrica non se pagan.

Así as cousas, haberá que agardar  polas medidas que tomen a maioría dos sindicatos agrarios galegos pois nin Sindicato Labrego Galego, nin Fruga, nin tampouco o sindicato maioritario Unións Agrarias van refrendar coa súa sinatura o acordo.

Como xa escribín hai uns días, pouco ou nada pode facer un goberno nunha economía ultraliberal de mercado, como a que nos toca sufrir, e o que nos agarda, como se aprobe o tratado de libre comercio entre os USA e a Unión Europea nos termos en que está nestes intres!.

A única solución terá que vir da banda da administración.Como? Poñendo cartos riba da mesa  ata que o sector se estabilice. Porqué se os automóbiles teñen o plan Prever, os electrodomésticos o seu, as caldeiras de calefacción, as xanelas etc , etc.  Seguro que acabaría antes se enumero os sectores que non dispoñen de axudas. Tamén será necesario un plan para o sector. A  Xunta de Galicia, o Estado, a Unión Europea, e nos mesmos debemos concienciarnos que o sector agro-gandeiro  e tán ou máis importante que calquera outro e na súa defensa debemos e temos que estar todos como unha piña.

Eloi Caldeiro.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo