" />

Os socialistas lamentan que “o PP dea ás costas ao rural lugués”

A Secretaria Provincial do PSdeG-PSOE na provincia de Lugo e candidata ás eleccións autonómicas, Patricia Otero criticou “a folla de ruta iniciada polo PP co abandono do rural. Así o dixo tras manter unha xuntanza co Alcalde de Alfoz, Jorge Val, no que denunciaron que o PP da as costas á veciñanza que quere traballar e vivir no rural lugués” e criticou que Feijóo deixou sen executar 305 millóns de euros nas dúas partidas para fixar poboación no rural”.

A dirixente socialista lembrou os recortes das convocatorias impulsadas polo Goberno de Feijóo. “Concretamente xa denunciamos os programas do plan Marco de Camiños da Xunta que se rebaixou nun 1 millón de euros na provincia de Lugo, ademais do reparto caciquil e clientelar do programa Aprol Rural”.

Nesa liña a dirixente socialista puxo en valor “o traballo que se realiza dende a Deputación de Lugo para revitalizar o rural na nosa provincia. Acabamos de ver a posta en marcha do plan Prende! Bota Raíces no Rural, que da formación a 50 mozos e mozas. Trátase dun proxecto que ten como obxectivo crear emprego xuvenil e fixar poboación nas zonas menos poboadas da provincia. Esta é a folla de ruta que temos que seguir, aquí hai compromiso e hai futuro para as mozas e mozos que queren vivir e traballar nas nosas parroquias e nosas aldeas”, expuxo.

P

Novas relacionadas

  1. Carlos Fernandez Peleteiro
    Carlos Fernandez Peleteiro
    Xuñ 25, 2020 - 11:44 AM

    E que facedes vos, para impedirlo? Non vexo propostas, nin ideas. Coma sempre Bla Bla bla…..

    Reply
  2. Xosé Daniel Piñeiro
    Xosé Daniel Piñeiro
    Xuñ 24, 2020 - 11:11 PM

    @PsoeLugo ¿?

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo