Os socialistas piden o apoio dos votantes do pp “que se senten enganados por Feijóo coas súas mentiras sobre os indultos e a amnistía”

A candidata do PSdeG pola provincia ao Parlamento de Galicia Mayra García Bermúdez dirixiuse este mércores “a todas aquelas persoas que votaron ao PP e que se senten enganadas e manipuladas por Feijóo coas súas mentiras sobre os indultos e a amnistía” para que lle dean o seu apoio ao Partido Socialista o vindeiro domingo.

García participou este tarde nun mitin na Casa da Cultura de Alfoz, xunto ao Tenente de Alcaldesa na localidade e tamén candidato ás autonómicas, Jorge Val, e a número 9 da lista socialista pola provincia, Catalina Fernández. No encontro, Mayra García pediu ”a todas esas persoas, defraudadas co PP de Feijóo e de Rueda, que confíen no Partido Socialista, en Besteiro, unha persoa honesta, de palabra, decente e valente; e subliñou que Feijóo, “coa complicidade de Rueda”, “estívolle mentindo á cara durante meses aos seus propios votantes, dicíndolles que se rompía España, que era unha indignidade e unha traizón, cando o propio PP recoñece agora que negociou por detrás con Junts o indulto a Puigdemont e mesmo estudou a amnistía, medidas que, se desbotou, foi só porque os seus únicos socios, a ultradereita de Vox, lles dixo que así non”.

“Merece a pena esforzarse ata o final, saír e pedir a todos os nosos veciños e veciñas que voten socialista. Somos o único partido que pode liderar o cambio en Galicia, porque Besteiro ten experiencia e capacidade de xestión, porque ten un proxecto ambicioso para  este país, e porque ten fío directo co Goberno de España para sacalo adiante, para rescatar a sanidade pública do desastre que creou o PP, para apoiar a educación pública, para mellorar o transporte público e para crear vivenda pública, pero tamén para crear emprego e riqueza coa reindustrialización de Galicia, tanto na costa, como no interior, coa transformación dos produtos do sector primario”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com