Os Torques de Lugoslavia enfróntanse ás Gróvias da Guarda este sábado en Nadela

O vindeiro sábado 21 de decembro terán lugar no Campo Municipal de Nadela os partidos correspondentes á primeira fase da Copa Gallaecia, competición que xa vai pola cuarta edición. Os Torques de Lugoslavia, que fan de anfitrión no Grupo 1 de cuartos de final, enfrontaranse ás Gróvias da Guarda a partir das 13:30.

Ao remate, o Berobreo de Cangas, equipa inscrita por primeira vez nesta tempada na Liga Gallaecia, enfrontarase a Afiadoras de Ourense, vixente campionas de Copa e con dous títulos do K.O. xa no seu regazo, nun xogo que comezará ás 15:00.

O mesmo sábado pola mañá celebraranse as demais eliminatorias, correspondentes ao Grupo 2, no Campo de Cerqueirás, en Mos. A fase final, á que accederán as equipas vencedoras destas eliminatorias, da Copa terá lugar o 23 de xuño.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo